Seleccione idioma:

23 de Febrero - Feira do Cocido 2014
www.lalin.mobi
Receita do Cocido
Hemeroteca

El archivo de todas las ediciones de la Feira do Cocido.

Onde comer en Lalín

Noticias

Martes 25 de Marzo de 2014 - En total a exposición suma ao redor dunhas 60 figuras entre as 27 novas e as da edición anterior e poderanse ver ata o próximo 25 de abril O próximo venres, 28 de marzo, ás 20.00 horas, inaugurarase no Espazo Cultural do Concello de Lalín a segunda edición de “Porcomostra”, exposición realizada en base a figuras de porquiños de barro decorados e, nalgúns casos, caracterizados, realizados polas mulleres participantes nos talleres de manualidades no rural promovidos polo Concello de Lalín e coordinados pola técnica municipal Elena Abollo.
Leer más

EDUARDO PUNSET RESALTA EN LALÍN QUE A FEIRA DO COCIDO “É UNHA MOSTRA EXCELENTE DE QUE HAI VIDA ANTES DA MORTE E DE QUE ESA VIDA ESTÁ NON SÓ PARA PASALA, SENÓN TAMÉN PARA GOZALA” E SITÚA A ORIXE DA VIDA “NUN CALDO, NUN COCIDO”

Luns 24 de Febreiro de 2014 - “Coa Feira do Cocido, o que estades é cocendo o futuro”, remarcou o escritor e divulgador científico que hoxe ofreceu o pregón da XLVI Feira do Cocido, que subliñou que “paga a pena dedicar esforzo a este acontecemento” e que fixo un chamamento aos lalinenses: Non paredes!” “A vosa Feira do Cocido é un gran exemplo dun feito sen precedentes. Algo que temos descuberto nas últimas décadas grazas á ciencia (...). É unha mostra excelente de que efectivamente hai vida antes da morte. E aínda máis importante: é unha demostración de que esa vida está non só para pasala senón tamén para gozala”. Con estas verbas de gabanza da vida unida indefectiblemente á Feira do Cocido describiu o escritor e divulgador científico, Eduardo Punset, no seu pregón pronunciado hoxe en Lalín, a que é unha das catro Festas de Interese Turístico Nacional en España e que ten como obxectivo conseguir ser a primeira Festa de Interese Turístico Internacional. Ler máis

LALÍN PREPÁRASE, NUNHA FIN DE SEMANA INTENSA DE ACTIVIDADES, PARA A XLVI FEIRA DO COCIDO QUE CELEBRARÁ O DOMINGO, 23 DE FEBREIRO, O SEU DÍA GRANDE, CON PUNSET COMO PREGOEIRO E NO QUE SE NOMEARÁN 10 NOVOS COMENDADORES

Venres 21 de Febreiro de 2014 - Mañá xornada sabatina, Radio 5 Todo Noticias fará ás 12.30 horas un monográfico especial da Feira do Cocido desde a sala de prensa do Concello; durante toda a fin de semana poderase visitar na Praza da Igrexa e nas rúas Colón e Praza da Torre o mercado de produtos típicos de de artesanía “Lalín, Compromiso de Calidade” e a Oficina Municipal de Turismo situada moi preto da Praza da Igrexa; a partir das 17 horas do sábado os nenos poderán participar no Divercocido no pavillón municipal; ás 19 horas inaugurase a exposición “106 anos de Laxeiro” no Espazo Cultural e a partir das 20.30 horas o Auditorio Municipal acollerá o tradicional Concerto do Cocido O domingo os actos oficiais darán comezo a partir das 10.30 horas na Casa Consistorial coa recepción do pregoeiro Eduardo Punset e co nomeamento dos 10 novos Comendadores: Punset, Nava Castro, Carlos Romero, Pedro López Jácome, Román Rodríguez, Enrique Cerezo, Francisco Millán Mon, Luis Fernández Vilela, María Seguí Gómez e Juan Carlos Escotet Ler máis

A EXPOSICIÓN "LUCES ALÉN DO MAR" QUE REÚNE AS ESCOLAS DE INDIANOS DE GALICIA PÓDESE VER NO AUDITORIO MUNICIPAL ATA O 14 DE ABRIL

Sábado 15 de Marzo de 2014 - A mostra foi cedida polo Consello da Cultura Galega ao Concello de Lalín

A EXPOSICIÓN “106 ANOS DE LAXEIRO. 23-F-1908/23-F-2014” PÓDESE VISITAR NO ESPAZO CULTURAL DA CASA DO CONCELLO ATA O 24 DE MARZO

Xoves 27 de Febreiro de 2014 - Os horarios de visitas á mostra son, de luns a venres, pola mañá de 10 a 14 horas, solicitando a apertura da mostra na conserxería do Concello e pola tarde de 18 a 20 horas (estará atendida por unha persoa) Para visitas de grupo e en fin de semana as persoas interesadas deberán concertar previa cita no 986 78 40 04 en horario de 10 a 14 e de 19 a 21 horas O 19 de marzo está confirmada a visita dun grupo de alumnos do CEIP Xesús Golmar Ler máis

A FEIRA DO COCIDO PRESENTOUSE EN CANGAS NO CATAMARÁN ARROYOS, NUN ACTO QUE CONTOU COA PRESENZA DOS ALCALDES DE LALÍN E DE CANGAS E DA DIRECTORA DA AXENCIA DE TURISMO DE GALICIA QUE APOSTOU POLA INTERNACIONALIZACIÓN DA FEIRA E POLA DESESTACIONALIZACIÓN

Venres 14 de Febreiro de 2014 - Crespo desvelou que Juan Carlos Escotet, fundador de Banesco, e Pedro López Jácome, membro do Consello de Administración de Banesco e de Banco Etchevarría incorporaranse ao Capítulo Xeral da Encomenda e Kepa Junquera á nómina de artistas da Gala de Gastronomía Ler máis

LUIS FERNÁNDEZ VILELA, ELEXIDO POR UNANIMIDADE COMENDADOR DO COCIDO EN REPRESENTACIÓN DE LALÍN POR UNHA COMISIÓN PLURAL CONFORMADA POR AED, COMERCIANTES, RESTAURADORES E REPRESENTANTES DO MUNDO DA CULTURA

Mércores 12 de Febreiro de 2014 - O acordo foi adoptado por Alejandro Campos, presidente de AED; Diego López, de La Molinera; Álex Cabanas, de Restaurante Cabanas; Luis Guerreiro, de Las Palmeras; Conchi Peiteado, de Restaurante Agarimo; Pablo Fernández, arquitecto; o cociñeiro Marco Varela; Currás; Xan da “Lareira”; Xoán Carlos García Porral, Javier Ferreiro, de Fórum Urbano; Antonio Lamas e Abel Vila, integrantes da directiva da AED no transcurso dunha reunión de traballo que o alcalde e o concelleiro de Turismo mantiveron con eles na tarde de onte e na que se lles propuxo “a posta en marcha dun equipo multidisciplinar e amplo contando coa vosa implicación para participar cada un desde os diferentes ámbitos na organización e desenvolvemento da Feira do Cocido” // “Trátase de que o Cocido despois de 46 anos teña vida propia polo que representa para Lalín”, dixo Crespo que pediu “máis implicación” aos participantes a quen os citou a unha segunda reunión nada máis pasada a XLVI Feira para comezar a traballar na seguinte edición Ler máis

A FÁBRICA DE PAPEL DE RODÍS ACOLLE O DOMINGO A CELEBRACIÓN DA XV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO DE LALÍN QUE CONTARÁ CON CARPAS PARA CELEBRAR O EVENTO EN CASO DE CHOIVA OU MAL TEMPO

Xoves 6 de Febreiro de 2014 - ➢ Parte da recreación tas tarefas terá lugar nos antiguos fornos da fábrica de papel que finalizou a súa actividade a finais do século XIX. Ler máis

AS 260 FOTOGRAFÍAS DA EXPOSICIÓN “LALÍN CON NARICES” PODERANSE VER NO MUSEO MUNICIPAL DO 7 AO 21 DE FEBREIRO NO MARCO DAS ACTIVIDADES A CARÓN DA XLVI FEIRA DO COCIDO

Venres 31 de Xaneiro de 2014 - A mostra, coordinada polo Museo Municipal, abrangue imaxes da xente da política, das artes, das letras, do teatro e do cine, da música, da industria, do comercio e da hostalería, xente normal, etc. que teñen como nexo común un nariz de pallaso Ler máis

CRISTINO ÁLVAREZ, <CAIUS APICIUS> GAÑA O XX PREMIO NACIONAL DE PERIODISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” QUE SE ENTREGARÁ NA GALA DE GASTRONOMÍA RETRANSMITIDA EN DIRECTO POLA TVG O VENRES 21 DE FEBREIRO DESDE O LALÍN ARENA

O periodista da axencia EFE foi elixido por unanimidade polo xurado polo “seu traballo xornalístico gastronómico recollido nos artigos difundidos por EFE, baixo o pseudónimo <Caius Apicius> polo conxunto de traballos, calidade de escritura, rigor da documentación utilizada, acreditada traxectoria e capacidade de difusión en España a nivel internacional” Ler máis

Videos

AXENDA

• Xornadas da Feira do COCIDO DE LALÍN EN MADRID. Restaurante Sanxenxo e Restaurante Combarro. Dende o 28 de Xaneiro ao 28 de Febreiro.
• MATANZA TRADICIONAL DO PORCO. A partir das 11.30 horas ata as 14:30 na parroquia de Rodís.
• CARREIRA POPULAR PEDRESTRE DO COCIDO O domingo 16 de Febreiro terá lugar esta carreira popular polas rúas de Lalín, na que habitualmente tomarán parte deportistas afeccionados de todas as idades
• GRAN GALA DA GASTRONOMÍA DE GALICIA. Viernes 21 de Febreiro, no multiusos Lalín Arena.
Concerto do Cocido o sábado 22 de Febreiro as 20:30 celebrará un concerto especial no Auditorio Municipal.
• XLVI FEIRA DO COCIDO. 23 de Febreiro 2014
• EXPOSICIÓN “EMPORCARTE”. Obras de alumnos da Facultade de Bellas Artes de Pontevedra. Museo Ramón Aller.
• TITERENTROIDO. Festival de Títeres e Marionetas no Museo Municipal Ramón Mª Aller, entre os días 1 e 4 de marzo.
• XX RALI DO COCIDO. 7 e 8 de marzo.

Plano de Lalín

ver plano lalin

descargar dossier